EMILIO CAMBEIRO - GALIZA
Esta
noite pasada, voltando para a casa ás tres e pico da mañá, ao xirar
unha ruela calquera da Alfama profunda atopeime mesmo de frente a un
ruso impecabelmente vestido de branco, barbazas mestas, cabelo
longuísimo e mal coidado; a xogar cun puñal de 8 cms de folla branca
entre os seus fráxiles dediños.
Acojoneime. Acojoneime como
cando de novo ía roubar as fresas do tío Pedro e este botábanos ao
Soult, o seu pastor alemán. Mais de súpeto unha risada familiar
tranquilizoume; e máis tranquilizáronme as palabras a seguir á risada.
Non te preocupes Emilio, é Rasputín. Un colega. Mirei ao lugar de onde
viñera a voz, e alí sentados nunhas escadiñas estaba o Antonio Mira
xunto cun mariñeiro.
O mariño ergueu e chamou polo ruso. Despediuse cun aceno do Antón mentres eu seguía alí no medio, pet...rificado,
co medo pasado pola figura sinistra do tal Rasputín. Os dous individuos
perdéronse na noite entre as ruelas, mais podíase escoitar sen problema
a voz ronca do ruso a dicir: Viches Corto. Viches ise grande que case
morre só con me mirar? Sabes que se quixera o podería matar. Sábelo,
vérdade?
Boteille un brazo por riba ao Antón. Veña, preciso
dun trago. Dixen con pingas de suor frío a percorrer aínda a cara.
Mentres que encamiñabamos os pasos por unha rueliña diferente do que ía a
outra estraña parella.
Mais con quen é que te xuntas ti agora,
meu Antonciño. Acertei a dicir. Con outros coma nós. Respondeu o amigo
cun enorme sorriso.
Sabes? Aínda me caeu ben o tal Rasputín. Mais o outro, o mariño co que estabas sentado... tíñache unha cara de papahostias!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário