FOI O
GATO
Herminia
ten un gato, uns pais anciáns e unha radio na casa. O gato, co fociño, conecta
a radio; o volume da radio está estragado e os pais non entenden nin a radio
nin gato.
Un domingo pola mañá, Herminia, como cada día, saíu moi cedo da casa. As 8:30 o gato conectou a radio e
marchou disparado, pois o volume estaba a todo gas. Os pais chimparon da cama
pensando que estaban tendo un pesadelo a dúo, ou que lles tiña entrado un tolo na
casa; non sabían que facerlle o
aparello, e desesperados berraban un co outro, e os dous co gato. A música escoitábase en todo o
edificio e na rúa tamén; os veciños pensaban: ¡a qué roqueiros madrugadores
lles terá prestado Herminia a súa casa!
Un veciño, moi
preparado para votarlles un bo sermón a esta xuventude desconsiderada de hoxe
en día, peta na porta. A nai de Herminia
abre a porta e o veciño topase con unha anciá de uns 80 anos e un metro
cincuenta centímetros, toda suada e en camisón; detrás dela seu home, un chisco
mais alto, co seu pixama de riscas e a súa cara de bonachón (porque era un
pouco xordo, senón estaría desesperado coma súa dona).
O veciño,
desconcertado ante tal escena, baixou moito, pero moito moito o ton do seu
discurso (de feito o que levaba preparado non lle servía para nada, porque
mesmo que foran roqueiros...¡xa se lles tiña pasado a xuventude había mais de
medio século!). Díxolles moi suavemente: “Sres., estas non son horas para ter a
música tan alta”, ó que a anciá, que xa estaba un pouco alporizada, respondeu:
” ¿Vd. pensa que eu estou ´maluca`?, eu non fun, foi o gato!”. O home que
estaba na porta, cambiou varias veces de cor, mentres pensaba se debía chamar a
policía ou os ´loqueros`.
Neste medio tempo, tamén saltaron da cama o resto dos
veciños: alguén, efectivamente, chamou a policía e outros achegáronse a ver que
sucedía no 4º andar:
Uns dicían: “E
parecían tan boas persoas”
Outros aseguraban:
“¡Tolearon, xa son moi vellos............ela dixo que foi o gato!”
Algúns
desculpábannos: “Se ao menos lles gustara a música clásica”
Entre tanto
corrupío que se armou, case non se dan conta que o que había que facer era
acabar ca barulleira, e foi entón que o mais razoable de todos, antes que
preguntarlle o gato como se baixa o volume, decidiu que o mellor era ´arrancar`
o enchufe da parede!
Cando se achegou a
policía, xa había calma de novo no barrio, pero claro, houbo que tomarlle
declaración os pais da Herminia, os veciños,........... e o gato!
Os pais, xa estaban
moi cansos de dar tantas
explicacións, e de que cada vez que mencionaban o gato no lugar de axudar,
aínda se complicaba mais o asunto. Dos corenta veciños do edificio, cada un deu
unha versión distinta do suceso. Os gardas non chegaron a saber quen estaba
mais tolo: se o gato, os anciáns ou todos os veciños xuntos. O gato, seguiu
facendo das súas e anos mais tarde tirouse polo balcón.................tranquilos.........
non lle pasou nada........solo quedou un pouco coxo!